Falece o concelleiro socialista de Ponte Caldelas José David Garrido
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Conmoción en Ponte Caldelas tras coñecer a noticia do falecemento do concelleiro José David Garrido, 'Pepe', aos 66 anos.
Número dous nas listas municipais do PSdeG-PSOE nas últimas eleccións municipais, Garrido foi definido por Andrés Díaz, voceiro do seu grupo político, como "un exemplo de honradez, traballo e lealdade ás súas ideas".
O enterro celebrarase este martes días 2 de setembro ás 18:30 horas en San Martiño de Xustáns.
LOITO OFICIAL
O fatal desenlace prodúcese durante a celebración da Festas dos Dolores, o que motivou a decisión unánime da corporación municipal de suspender a súa participación en todos os actos oficiais, aínda que estes se manteñen.
Ademais as bandeiras do Concello ondearán a media hasta durante toda a xornada en sinal de duelo.