Atropelan á carteira na Illa e un trailer 'tira' un ciclista no Grove
Por Redacción
A carteira que atende o servizo de Correos na Illa de Arousa resultou ferida leve ao ser atropelada este luns.
Segundo informan fontes de Protección Civil, o suceso tivo lugar este mediodía na rúa Vale-Inclán. Cando a carteira estaba en pleno reparto postal resultou atropelada por un coche, resultando ferida nun pé.
Estas mesmas fontes informaron doutro accidente no Grove, na zona do Bao. Nesta ocasión un ciclista resultou contusionado tras caer ao chan como consecuencia do paso dun trailer.
Do mesmo xeito que a traballadora de Correos o ciclista foi trasladado ata un centro hospitalario para atender as feridas sufridas.