Os xogos populares 'invaden' por un día a area da praia de Silgar
Por Redacción
As festas patronais en honor a San Xenxo e Santa Rosalía seguen desenvolvéndose no municipio de Sanxenxo. Este luns foi a praia de Silgar a que centrou as principais actividades. Foi cunha nova edición do certame de xogos de tradicionais, que se desenvolveu con normalidade a pesar da gran calor reinante.
Nenos e maiores puideron gozar nesta ocasión dunha vintena de actividades que se desenvolveron no emblemático areal entre as 12.00 e as 14.00 horas e que foron coordinadas por sete monitores.
Os participantes nesta iniciativa protagonizaron propostas como a barra inclinada, o barreño de peixe, o billar xaponés, a carreira de tartarugas, esquís de parellas, a cruz de espigas, a pesca de botellas, ademais dos xogos de pasmones, de buratos, de Holanda, de filas, de bólas ou de hélices.