Amplían ata o 15 de setembro a presenza de socorristas nas praias de Sanxenxo
Por Redacción
O bo tempo que vaticinan as previsións meteorolóxicas para os próximos días levou o Concello de Sanxenxo a tomar a decisión de ampliar os contratos dos socorristas que vixían as súas praias. Continuarán nos areais do municipio ata o 15 de setembro.
"Debido ao bo tempo os areais deste municipio contarán cunha gran afluencia de bañistas polo que consideramos necesario manter o servizo de socorrismo nas principais praias, que son as máis concorridas e as que presentan unha maior perigosidade", apuntaron dende o Executivo sanxenxino.
Serán un total de 24 profesionais os que seguirán atendendo as emerxencias que se poidan producir nas praias de Sanxenxo. Ademais, manterase tamén a vixilancia por mar.
Relacionadas:
-
Silgar, Canelas, Areas e Montalvo sumaron no verán máis da metade das asistencias dos socorristas
Por Redacción |
-
A praia de Silgar perde as súas pasareas con motivo das altas mareas
Por Redacción |
-
Así seleccionan en Sanxenxo os seus vixilantes da praia
Por Diego Torrado |
-
Sanxenxo contratará este verán a 60 socorristas e sanitarios para vixiar as praias
Por Redacción |