Dáse á fuga logo de atropelar unha persoa en Alba
Por Redacción
Unha persoa resultou ferida na tarde deste xoves ao sufrir un atropelo en Alba. Tras o accidente, o condutor seguiu a marcha.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o accidente produciuse ás 19.14 horas á altura da casa número 4 do lugar de Guxilde, na parroquia pontevedresa de Alba.
A alerta deuna Urxencias Médicas de Galicia, que enviou unha ambulancia ao lugar. Non transcendeu a entidade das feridas sufridas.
Deuse alerta á Garda Civil de Tráfico, xa que o condutor do coche causante do accidente se fuxiu. O sinistro produciuse na PO-225, á altura de Neumáticos Tejedo.