Regálanche un futuro ou un traballo en precario?
Por Redacción
Haberá quen se pregunte: onde quedaron aquelas promocións para toda a vida? O famoso soldo do sorteo Nescafé que permanecía ata o fin dos días do gañador parecere un obxectivo impensable nos ofrecementos dos concursos actuais. O premio que se promove na campaña de comercio local de ponte Caldelas baixo o título Te regalamos un futuro ten sorna ou, polo menos, o futuro prometido antóllase curto.
E é que a Asociación de Comerciantes e Empresarios de ponte Caldelas (COEMPO) sortea este nadal un contrato de traballo que podería cualificarse de "mini-job" atendendo ás súas condicións:
Duración: 6 meses.
Xornada laboral: 20 horas semanais
Soldo bruto con prorrata de pagas extras: 493,34
A categoría que se require é a de auxiliar administrativo e as funcións, segundo as bases, serán "las que le encomiende la junta directiva de la asociación; siempre en beneficio de los asociados a la misma".
A asociación presenta esta proposta como unha "novedosa campaña navideña" e os requisitos esixidos céntranse en que o premiado estea inscrito no servizo público de emprego.
En caso de que a persoa premiada non acepte o contrato de traballo ou non sexa apto para este, poderá recibir un vale por unha contía de 3.000 , que se poderá cambiar por diferentes obxectos cun límite de 500 por establecementos da Asociación.
Os clientes que desexen participar neste concurso deberán cubrir un boleto que lle será entregado nos establecementos dos asociados, tras realizar unha compra cun gasto igual ou superior a 8 euros.