Centos de romeiros entréganse á maxia da Lanzada
Por Redacción
O bo tempo animou a centos de romeiros a participar nos festexos na honra da Nosa Señora da Lanzada, con celebracións litúrxicas en honor á Virxe durante toda a xornada do sábado e tamén durante este domingo.
Como cada último fin de semana de agosto os fieis puideron participar da procesión, acudir aos actos relixiosos programados cada media hora ou cumprir co costume de espantar o meigallo varrendo por debaixo do altar da ermida.
Durante a noite e boa parte da madrugada moitos foron tamén os que cumpriron coa tradición máis máxica das que rodean A Lanzada, saltar nove ondas no rito de fecundidade que, segundo se conta, é un dos máis efectivos de cantos existen.