Moreira pide "pactar unha solución" para o cruzamento entre Benito Corbal e Daniel de la Sota
Por Redacción
O paso de peóns situado no cruzamento entre as rúas Benito Corbal, Daniel de la Sota e Cobian Roffignac, no final do tramo peonil da primeira rúa, volve estar envolvido en polémica.
Despois do reasfaltado que levou ao concelleiro Luis Bará a asumir o erro cometido na zona, o voceiro do Partido Popular, Jacobo Moreira, volveu criticar a actuación ao tempo que pediu a Bará que pacte cos veciños unha solución permanente e evite "outra chapuza na zona".
Moreira defende que "pasou xa un ano dende que comezaron os traballos nesta rúa e nos encontramos ante unha vía mal remataba, mal executada e na que xa se tiveron que facer varias reformas", polo que insta o concelleiro a encontrar unha solución que remate co problema existente.
Segundo o voceiro popular, os cambios no proxecto "están custando moitos cartos a todos os pontevedreses", nunha obra que tal e como a cualifica Jacobo Moreira é "unha das chapuzas máis rechamantes das moitas executadas por Fernández Lores".
Relacionadas:
-
...e agora en granate
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Críticas do PP local á xestión das obras de Santa Clara e o cruzamento de Benito Corbal con Daniel de la Sota
Por Redacción |
-
Bará asume o "erro" do pavimento do cruzamento entre Benito Corbal e Daniel de la Sota
Por Alejandro Espiño |
-
Comeza a substitución do pavimento entre Benito Corbal e Cobián Roffignac
Por Redacción |