Os funcionarios protestan cun café na man
Por Oskar Viéitez
Seguindo coa campaña de movilizacións en contra dos recortes aos empregados públicos, hoxe levouse a cabo unha concentración con café dentro do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra.
Asistiron a esta concentración algo máis de 300 persoas.
Fernando García, voceiro da CIG, afirmou que "xuntámonos para reivindicar o recorte de dereitos laborais e retributivos durante esta lexislatura, especialmente a supresión da paga extraordinaria de nadal que repercute, ademáis de nas familias dos empregados públicos, no pequeno comercio da comarca de Pontevedra".
As movilizacións seguirán realizándose, con actos de tipo solidario, durante o mes de decembro, "Na próxima semán e a seguinte serán os mércores día 5 e 12 e logo pecharemos o mes de decembro con movilización o día 20".