Máis de 20.000 persoas achegáronse a Combarro durante a XIV Festa do Mar
Por Redacción
Satisfacción no Concello de Poio polo desenvolvemento da recén concluída Festa do Mar de Combarro, que este ano chegou á súa décimo cuarta edición.
Segundo datos da concellaría de Turismo, máis de 20.000 persoas pasaron pola carpa gastronómica instalada no Peirao da Canteira, ao que hai que sumar o público asistente ás diferentes actividades, como o Amadiña Rock, o resto de concertos na Praza da Chousa ou o Encontro de Embarcacións Tradicionais.
Do total de visitantes 2.300 pasaron á súa vez polo posto turístico instalado na carpa, onde o posto de venda habilitado polo Concello despachou 250 quilos de ameixa e 425 quilos de mexillón entre o 20 e o 24 de agosto, un posto que pretendía colaborar na medida do posible para "paliar os danos ocasionados pola toxina vermella que están a sufrir tanto o sector marisqueiro como o mexiloneiro", sinala o goberno local.
Por outra parte o concelleiro de Turismo, Xosé Luis Martínez, valorou positivamente os cambios que se produciron neste último mes, entre os que destaca a Ruta Gastronómica do Mar ou o traslado da carpa gastronómica ao Peirao da Canteira e que converteron esta edición da Festa do Mar en "unha das mellores edicións da súa historia".
Relacionadas:
-
Carlos Baute actuará o 20 de agosto no Festa do Mar de Combarro
Por Redacción |
-
Poio rexistrou unha ocupación media nos seus hoteis do 86% durante o mes de agosto
Por Redacción |
-
O PP de Poio valora positivamente a recente Festa do Mar pero cuestiona o seu financiamento
Por Redacción |
-
Combarro regresa aos 80 coreando cancións de Los Secretos
Por Redacción |
-
Armadiña Rock is different
Por Redacción |
-
Combarro recorda as súas orixes na XIV Festa do Mar
Por Diego Espiño |