Pequenos diaños pásanse ao lado oscuro na Festa do Demo
Por Redacción
O Demo co seu tridente e acompañado por un séquito de personaxes malignos xurdiu dos arcos de San Bartolomeu e decenas de nenos acompañados polos seus pais seguiron o cortexo festivo polas rúas do centro histórico.
Un ano máis, os pequenos intentaban tirar do rabo ao personaxe diabólico pero, nesta ocasión, tal e como se pedira dende a organización, algúns dos nenos participantes acudiron vestidos con traxes vermellos e sumáronse a facer o mal por todo o percorrido bailando e saltando ao son da música. Ao acto, que comezaba ás 12.30 horas deste sábado 23, acudiu a concelleira de Festas, Carme da Silva.
Durante a tarde, a partir das 20.00 horas, ou Demo volveu aparecer entre olor a xofre e estalidos para dar paso á Foliada do Demo, ás 21.30 horas, que se desenvolveu na Praza de Curros Enríquez coa participación das bandas Os Chichisos e Os Modernos.
Relacionadas:
-
Correde, que ven O Demo! E trae tridente!
Por Diego Torrado | Creada e actualizada
-
O domingo, "todos a polo rabo do Demo!"
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |