Pecha outra empresa de Caldas, 17 traballadores ao paro
Por Oskar Viéitez
A cuberta da praza de touros de Pontevedra é unha das numerosísimas obras executadas pola empresa Fabricacións Metálicas Caldenses SL (Fameca) que traballaba na construción de estruturas para Finsa, Foresa, Vulcano, ademais doutras contrataciones fora de Galicia.
Agora Fameca, unha firma de Caldas de Reis con máis de trinta anos de historia, pecha as súas portas despedindo os seus 17 traballadores.
Outra vítima da crise? Os seus traballadores din que non e denuncian a "mala xestión" que fixeron os donos desta empresa con toda unha serie de irregularidades cometidas nos últimos tempos.
Jesús Crespo, presidente do comité de empresa, explicou que Fameca chegou a ter un persoal superior ao medio centenar de traballadores.
"Ao principio eran catro socios pero finalmente quedouse o fillo dun deles xestionando a empresa". Desde novembro de 2011 o persoal asumiu un ERE, pero o pasado día 13 os traballadores empezaron a recibir as cartas de despedimento, e o empresario xa vendeu as instalacións.
"Son unhas novas vítimas dá reforma laboral, agora e doado despedir a xente con vinte días por anualidade sen ter en conta os sacrificios dos traballadores. E un desatino", di o responsable de CIG-Metal, Marcos Conde, que presentou unha demanda o considerar improcedentes os despedimentos.
Os traballadores están moi encabuxados porque o empresario "está pechando unha empresa e o tempo está a montar outra nova en Caldas. O único que fixo neste tempo e desfacerse dunha persoal de 17 traballadores", lamentaba Jesús Crespo "din que somos vellos".