Ferido un ciclista en Vilagarcía ao ser arroiado por un coche
Por Redacción
Un home de 50 anos de idade foi trasladado ao Hospital do Salnés logo de resultar ferido cando circulaba en bicicleta polas rúas de Vilagarcía ao ser arroiado por un turismo.
O suceso produciuse na rotonda que dá acceso ao porto da localidade arousá minutos antes das 8:30 da mañá, sendo mobilizados efectivos da Policía Local e 061. Tras valorar o estado do home, os sanitarios procederon ao seu tralado ao centro hospitalario.