Un milleiro de sinaturas de apoio aos sindicalistas condenados por participar nun piquete
Por Redacción
Nos cinco primeiros días da protesta en forma de xaxún rotatorio organizada polos sindicatos CIG e CC.OO. xa se teñen recollidas máis dun milleiro de sinaturas de apoio á causa.
Segundo informou a CIG, as sinaturas reuníronse "contra a represión sindical" entre a veciñanza e as empresas da comarca, xa que a protesta é en solidaridade con tres sindicalistas condenados a tres anos e un día de prisión pola súa participación nun piquete durante a folga da alimentación de 2009.
Este xoves ás 12.00 tomará o relevo a cuarta quenda de sindicalistas que se une ao xaxún, que dará relevo aos actuais, o secretario comarcal de CIG Coruña, Paulo Carril, e o secretario nacional da FGAMT, Xosé Piñeiro.
Ademais das sinaturas de rexeitamento da sentenza e de apoio aos condenados, a CIG tamén está a recibir comunicados solidarios de comités de empresa da comarca. Ao mesmo tempo, as visitas á caravana instalado fronte ao edificio xudicial están a ser constantes.
Este mércores achegáronse o alcalde de Poio, Luciano Sobral, tres concelleiros do Goberno local, o grupo municipal do BNG de Vigo e a deputada da fomación nacionalista Carme Adán.
Durante a súa visita, Carme Adán reiterou a "solidariedade nacionalista" aos sindicalistas da CIG aloxados na caravana e defendeu o dereito dos representantes dos traballadores a reclamar os dereitos laborais. Denunciou asímesmo que "os banqueiros están libres mentres os representantes dos traballadores fican no cárcere".
Relacionadas:
-
Luis Tosar reivindica a actualidade de 'Los lunes al sol' coa condena aos sindicalistas de Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
"Esta noite centolas!"
Por Oskar Viéitez |
-
Guillerme Vázquez: "isto non se parece á democracia pola que eu loitei"
Por Oskar Viéitez |
-
Rafael Iglesias: "Sentímonos totalmente respaldados e co apoio da cidadanía"
Por Diego Espiño |
-
Sindicatos a dieta
Por Natalia Puga |