Unha muller de 86 anos falece en Cuntis atrapada nun enxame de avespas
Por Redacción
Unha muller de 86 anos faleceu esta semana en Cuntis tras verse atrapada nun enxame de avespas nos arredores da súa casa do lugar da Ermida.
Segundo adiantou Diario de Arousa, os feitos aconteceron o luns día 11 de agosto sobre as 12.00 horas. Estaba nun terreo próximo cando se viu rodeada por un enxame. Ao vela, o seu marido instouna a que abandonase o lugar. Pouco despois, achegáronse de novo a ela e, cando estaba nas proximidades da súa casa, atacárona.
Sufriu picaduras na cara, o pescozo, os brazos e outras zonas do corpo, empezou a inchar e, cando chegaron os servizos de Emerxencias, xa non puideron facer nada par salvar a súa vida.
Voluntarios de Protección Civil de Cuntis e A Estrada e unha ambulancia e un helicóptero sanitario desprazáronse á zona e a octoxenaria recibiu unha primeira asistencia, incluído un intento de reanimación, pero faleceu.