O cliente sempre ten a razón
Por Oskar Viéitez
Máis de un podería pensar que o único consumo que vixiaban os policías municipais era o de estupefacientes, pola contra, outro consumo, o do comercio tamén entra dentro das súas competencias (rebaixas, saldos, liquidaciones, promociones).
A venda ambulante, venda domiciliaria, cuestións relacionadas coa Lei Antitabaco, licenzas de apertura, horarios e festivos, follas de reclamaciones así ata completar unha longa lista de asuntos que son obxecto das xornada de formación en consumo para os axentes policiais pertencentes a diferentes localidades da provincia.
A sesión foi convocada pola OPIC (Oficina Provincial de Información ao Consumidor) con sé na Deputación.
Os responsables do curso recordaron aos empregados públicos o seu labor para o contacto directo co cidadán para que poidan resolver no momento as dúbidas que susciten os consumidores, sen prexuízo de que, posteriormente, poden achegarse á oficina de Consumo a ampliar información ou formalizar a reclamación.
Unha das cuestións que se recordou aos axentes que participaron neste curso é que "as normas de protección aos consumidores interpretaranse a favor do consumidor", é dicir, a vella máxima do tendeiro: o cliente sempre ten razón.