Adopciones Galicia, catro anos protexendo os animais e 108 cans con novo fogar
Por Redacción
Empezou cunha reunión nunha cafetaría para "charlar e intercambiar ideas e opinións sobre o abandono de cans na cidade de Pontevedra". O café e as inquietudes compartidas derivaron na creación dunha asociación protectora de animais e catro anos despois está consolidada como un dos dous colectivos centrais da defensa dos dereitos dos cans no municipio. ÿ Adopciones Galicia e este 2014 cumpre catro anos de traballo cun balance de 108 cans que lograron un novo fogar.
ÿ un colectivo que, ata o momento, non é moi coñecido e conta con escasos recursos económicos e sen instalacións propias que poidan utilizar como refuxio de animais, pero suple o déficit con traballo e coa colaboración dunha ampla rede de casas de acollida nas que os animais viven temporalmente ata que se consegue o obxectivo final, a adopción, sobrevivindo coas cotas dos socios, donativos e o diñeiro que reúnen a través de actividades como 'rastrillos' benéficos.
Segundo explican dende Adopciones Galicia, cando naceron no ano 2010 marcáronse como finalidade a loita polos dereitos dos animais e traballar, na medida do posible, "na procura dun fogar onde os peludos puidesen vivir outra vida diferente á que lle tocara". Conseguírono ata co esforzo dos seus colaboradores e dos cinco integrantes da súa Xunta Directiva. Malia o difícil que pode resultar en ocasións compaxinar a vida laboral e familiar co traballo na protectora aseguran que todo se compensa, resulta "gratificante cando un do noso peludos encontra un fogar e unha familia que o queira".
Recoñecen que foron catro anos "difíciles, moi difíciles" e "con moitos obstáculos", pero están "orgullosos" do seu traballo e de conseguir encontrar un fogar aos cans abandonados, que en Pontevedra "por desgracia, cada vez son máis". Dos 108 cans aos que enconraron un fogar, máis da mitadn (62) eran femias, tanto cahorras coma adultas.
Neste cuarto aniversario, agradecen o labor das súas casas de acollida xa que "sen elas non teríamos podido chegar ata aquí" e animan a todos os amantes dos animais a que colaboren con eles na medida das súas posibilidades como socios, como familias acolledoras ou con xestos como doazóns de penso.