Paixón anticipada por Love of Lesbian
Por Redacción
A actuación de Love of Lesbian a partir das 22.00 horas deste luns 11 dentro das Festas da Peregrina provocou a presenza de seguidores desta banda catalá dende primeiras horas da mañá ante o escenario da Praza de España, que intentan deste xeito ocupar os mellores sitios para seguir os músicos de Sant Vicenç dels Horts.
Ao longo da tarde con motivo das probas de son, os seguidores que se encontraban á espera do inicio do concerto corearon os retrousos de varias das cancións do grupo que se fixo moi popular araiz de temas como 'Club de fans de John Boy', 'Ectoplasta' ou 'La niña imantada'.
A banda indie presentará 'Nouvelle Cuisine Caníbal', un traballo con tres temas en formato dixital publicado este ano, despois de ''La noche eterna. Los días no vividos', o anterior disco editado en 2012.