Aconsellan utilizar a AP-9 como alternativa de entrada e saída do tráfico durante a Batalla de Flores
Por Redacción
A tradicional Batalla de Flores que se desenvolverá o mércores 13 de agosto ás 19.00 horas obriga á posta en marcha dun plan de actuación por parte da Policía Local de Pontevedra que procederá, durante esa xornada, ao corte de tráfico das rúas Xosé Malvar no tramo entre Rúa A Secae Loureiro Crespo, Doutor Loureiro Crespo, Cobián Areal, Uxío Novoneira e Eduardo Pondal.
Para que o percorrido das carrozas se poida realizar con normalidade asumirase a restrición de estacionamentos a partir das 8.00 horas do mércores 13 coa prohibición de aparcar nas rúas Xosé Malvar (tramo Rúa A Seca - Loureiro Crespo), Doutor Loureiro Crespo (nos tramos entre Xosé Malvar e Cobián Areal), Cobián Areal e Uxío Novoneira. Nas últimas horas xa se instalaron valos alertando destas medidas.
A partir das 15.00 horas prohibirase o estacionamento na rúa Eduardo Pondal e Camiño de Ferro (no lateral Vialia e a zona de discapacitados na curva).
Ás 17.00 horas procederase por parte da Policía Local ao corte de tráfico da rúa Xosé Malvar no lugar de concentración das carrozas participantes na Batalla de Flores entre a rotonda da Rúa ASeca e Loureiro Crespo.
Sobre as 18.30 horas aproximadamente cortarase totalmente o tráfico nas rúas comprendidas dentro do percorrido e as adxacentes, tanto os cortes de tráfico coma a apertura realizaranse de xeito progresivo.
DESVÍOS
O tráfico procedente da rúa Estación/Doce de novembro será desviado pola rúa Estrada cara a Loureiro Crespo e Avenida de Lugo. Os coches que circulen procedentes de Xosé Malvar cara a Loureiro Crespo serán desviados pola rúa da Seca ou pola Avenida de Bos Aires cara a Monte Porreiro. Os vehículos procedentes de Joaquín Costa serán desviados por Xosé Casal, mentres que os de AugustoGarcía Sánchez que se dirixan cara a Eduardo Pondal serán derivados cara a Alcalde Hevia ou ao Gorgullón. En canto ao tráfico da Avenida de Vigo e de Ramón Otero Pedrayo desviarase cara aFernández Ladreda.
Dende a Policía Local aconsellan evitar circular pola Avenida da Estación cara a Eduardo Pondal e Doce de Novembro. Os accesos aos aparcadoiros públicos e disuasorios estarán libres de restricións de tráfico. E aconsellan a utilización da Autoestrada AP-9 como alternativa ao tráfico de entrada e de saída da cidade.
A apertura ao tráfico realizarase unha vez finalice a cabalgata e a limpeza das rúas.