Pintadas ofensivas na igrexa de San Bartolomé
Por Redacción
A fachada da igrexa parroquial de San Bartolomé sufriu unha pintada ofensiva nun dos seus muros e outra máis nun dos arcos.
Pegada a unha das actuais sedes do Museo de Pontevedra, o Edificio Sarmiento, esta igrexa barroca con influencias italianas foi construída no século XVII. Antiguamente pertenceu á orde dos jesuitas ata que foron expulsados en 1767.
Conserva no seu interior unha escultura da Virxe da Magdalena, obra de Gregorio Fernández. Parece que os xesuitas trouxeron o deseño do templo desde Roma.
No seu interior tamén ten dúas impresionantes columnas salomónicas e importantes retablos barrocos.