As obras do campo de fútbol de Santomé continuan a bo ritmo
Por Redacción
Técnicos municipais e da Deputación visitaron as obras do campo de fútbol de Santomé de Piñeiro, en Marín.
Os traballos avanzan ao ritmo previsto despois de que a institución provincial llos adxudicase á empresa Italgreen SPA por 539.442 euros.
Nestes momentos estanse a realizar as canalizacións e colocar o material necesario para a preparación de terreo antes de proceder á instalación do céspede artificial.
Ademais xa se colocaron as torres da rede de iluminación prevista no proxecto. O prazo de execución das obras é de tres meses.