Amigos de Pontevedra cumpre coa tradición e entrega os seus premios anuais
Por Redacción
Coincidindo co inicio da Semana Grande e a véspera do día da Peregrina, o colectivo Amigos de Pontevedra cumpriu coa tradición de entregar os seus premios anuais.
O Pazo da Cultura foi escenario da xuntanza, na que se distingue a achega de persoas e entidades ao engrandecemento da cidade dende os seus respectivos campos, como o educativo, o deportivo, institucional ou social.
Na súa XLIII edición os premiados por Amigos de Pontevedra foron:
- Rafael López Torre, xornalista.
- Juan Luís Sobrino Pérez-Crespo, director da Escola Naval Militar de Marín.
- ÿscar Graña Blanco, campión do mundo de piragüismo e subinspector do Cuerpo Nacional de Policía.
- Jesús Maquieira Filgueira, empresario e veterano pescador.
- Elena Vilán González, mestra xubilada.
- Adrián Esperón Vidal, campión de España de baile deportivo.
- Parroquia de San Bartolomé.
Relacionadas:
-
RADIO.- Cara a cara con José Luis Fernández Sieira... e os seus Amigos
Por Marisa Ciordia |
-
Amencer-Aspace, a empresa Lago ou a centenaria 'Lulú', nos premios Amigos de Pontevedra 2016
Por Natalia Puga |
-
López-Torre, ÿscar Graña, Maquieira e a parroquia de San Bartolomé, premiados por Amigos de Pontevedra
Por Redacción |