Unha persoa resulta ferida nunha colisión entre dous vehículos na subida do Pousadoiro
Por Redacción
Unha persoa resultou ferida e tivo que ser trasladada a un centro sanitario para recibir asistencia polas lesións sufridas nun accidente de tráfico rexistrado este venres en suba ao Alto do Pousadoiro, entre Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa.
O sinistro consistiu na colisión frontal entre dous vehículos que circulaban en direccións opostas pola estrada PO-305. Por motivos que se descoñecen, pero que poden estar relacionados coa chuvia que caía nese momento na zona, un deles saíuse da vía e invadiu o carril contrario. Nese momento, ambos os dous colisionar.
No sinistro víronse implicados unha furgoneta e un vehículo 4 x 4, resultando ferido o acompañante da furgoneta. Recibiu unha primeira atención no lugar do accidente e posteriormente foi trasladada por unha ambulancia de Urxencias Médicas de Galicia 061.
O Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112 tivo constancia do sinistro ás 19.44 horas da tarde e ao lugar trasladáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e Policía Local de Caldas e o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Valga.