Sorprenden un 'trapichero' actuando en plena Festa do Albariño
Por Redacción
O dispositivo especial de seguridade establecido pola Garda Civil en Cambados con motivo da Festa do Albariño permitiu localizar en plena acción un home vendendo droga a pequena escala. Trátase dun veciño de Rianxo con antecedentes policiais que responde ás iniciais L.G.P.
O home foi sorprendido por axentes que realizaban servizo de seguridade cidadá e en prevención do consumo e venda de estupefacientes a pequena escala. Cando os axentes procederon á súa identificación, intentou desprenderse dunha bolsa de plástico que gardaba no peto.
A bolsa logrou ser localizada polos axentes, que comprobaron que levaba sete envoltorios de cocaína. Ademais, o home resistiuse á detención e reaccionou con patadas, golpes e empuxóns aos gardas civís que realizaban a intervención.
Os axentes detivéronlle como suposto autor dun delito contra a saúde pública e trasladárono ao posto de Cambados. Alí quedou en liberdade coa obriga de presentarse no Xulgado de Instrución número 1 de Cambados cando sexa requirido.