Comezan os traballos de demolición das antigas casas de profesores do colexio de Seixo
Por Redacción
A demolición das antigas casas de profesores do colexio de Seixo comezou tras a licenza concedida polo Concello de Marín para a execución dos traballos.
Estes prolongaranse durante un par de semanas para deixar o terreo en condicións de abordar a infraestrutura comprometida para o lugar, a nova Escola Infantil para nenos de 0 a 3 anos.
O goberno marinense tramita xa o proxecto básico presentado por parte do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar para a construción desta escola á maior brevidade posible.
Ademais da demolición das casas, a empresa encargada dos traballos construirá o peche do terreo.