O PP vaticina que a reforma da Avenida de Marín será un "mero parche" e esixe unha actuación integral
Por Alejandro Espiño
A partir de mediados de setembro, o Concello de Pontevedra comezará a reparar as deficiencias detectadas na obra de remodelación da Avenida de Marín. Será con cargo ao aval depositado pola empresa como garantía. Pero para o Partido Popular, estes novos traballos de reforma serán tan só un "mero parche" que obrigará a facer novas reparacións máis adiante.
Segundo afirmou o concelleiro do PP, Pablo Fernández, esta reforma é a máis "chapucera" do actual mandato. Recordou que os populares levan denunciado o seu mal estado dende marzo de 2012, apenas un ano despois de inaugurarse. Asegurou que se non fose polas súas denuncias, o Concello tería executado o aval, co que dixo non se poderá executar unha "reforma duradera", polo menos tal e como o formulou o bipartito.
Neste sentido, Pablo Fernández sinalou que o grupo municipal do PP aposta por unha reparación integral que pasaría por actuar en todos os pasos de peóns, substituíndo a lastra por un material bituminoso; adaptar os 'lombos' á normativa legal e rectificar a dirección dos que están máis próximos a San Roque, "que no son perpendiculares al trazado de la calle".