Reordenarán a Praza de Abastos para convertila nun "referente económico, cultural y social"
Por Alejandro Espiño
"Queremos que el Mercado entre en el siglo XXI, porque ahora está anclado en el siglo XIX". Con ese propósito en mente, o Concello de Pontevedra prepara unha reordenación da Praza de Abastos. O obxectivo, segundo a concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, é convertelo nun referente non só para a súa tradicional actividade económica, senón tamén para outros usos culturais e sociais.
Para iso, o goberno municipal encargou unha auditoría que analice as posibilidades de optimizar ao máximo a Praza de Abastos. A reforma centraríase principalmente na primeira planta do mercado, onde "la actividad económica cada vez es menos". A idea, segundo Carlota Román, "es combinar la venta con otro tipo de actividades que optimicen la plaza de abastos".
Os técnicos municipais están finalizando coa ordenación administrativa desta proposta, tras a cal sacaranse as concesións "que se tengan que sacar". Neste sentido, Carlota Román desvelou que xa contactou "con un cocinero muy conocido de Pontevedra" para ver a posibilidade de dedicar parte desa primeira planta a usos gastronómicos.
E é que a edil socialista pretende integrar o mercado nas rutas turísticas do municipio. "Para mí aparte de su enclave, de que es un edificio bonito y de que tiene una gran variedad de productos frescos, el mercado tiene que ser un punto de referencia en materia turística y como ejemplo los blogueros que visitaron Pontevedra recientemente, que estaban asombrados de ver que aquí se vende el pescado y el marisco vivo".
En realidade, este é o "plan B" do Concello de Pontevedra. Nun principio, negociouse cos usuarios da praza de abastos para que as placeiras que están na primeira planta fosen recolocadas na parte baixa. "Se estuvo negociando durante un año y no hay acuerdo por parte de las placeras de abajo, porque las concesionarias reivindican que tienen derecho a quedarse con la plaza colindante si está libre".
Dentro deste plan de mellora da Praza de Abastos, o Concello de Pontevedra encargou tamén unha auditoría de eficiencia enerxética que servirá para reducir uns 10.000 euros ao ano os gastos correntes do mercado. Unha instalación que, segundo Carlota Román, sofre unhas perdas anuais duns 200.000 euros, xa que se cada ano xéranse uns gastos de 385.000 euros e uns ingresos de 185.000 euros.
Esta auditoria propón unha serie de actuacións en materia de eficiencia enerxética que se irán aplicando de forma paulatina. Entre elas destacan unha serie de melloras tecnolóxicas que permitirán reducir o consumo de iluminación, auga quente e cámaras frigoríficas, actuacións que deberán ir acompañadas dun plan de concienciación e sensibilización para os seus usuarios.