Venden no Grove un cupón da ONCE premiado con 24.000 euros ao ano durante 10 anos
Por Redacción
O cupón da ONCE deixou un belisco no municipio do Grove, tras vender un billete premiado cun soldo de 2.000 euros ao mes durante dez anos.
Ademais 19 cupóns máis resultaron agraciados con 400 euros cada un, todos eles no sorteo celebrado o pasado sábado día 2 de agosto.
ÿscar Luis Camino foi o encargado de vender estes billetes, un vendedor que conta co seu punto habitual na Praza do Corgo pero que tamén exerce como ambulante.
Dáse a casualidade de que durante este mes de agosto os cupóns da ONCE están ilustrados con imaxes de praias galegas, entre elas o areal da Lanzada, nunha iniciativa da Axencia de Turismo de Galicia que busca difundir a costa autonómica como reclamo turístico.