Mente para defender un amigo e remata el no xulgado
Por Redacción
Un pontevedrés rematou denunciado no xulgado pola Policía Local a raíz de que se coñeceu a súa identidade porque asinou unha declaración xurada que intentaba defender un amigo e liberalo dunha sanción por conducir bébedo.
A declaración xurada non ten nada que ver na súa denuncia ante o xuíz, pero si que permitiu á Policía Local de Pontevedra coñecer a súa identidade e comprobar que no mes de setembro cometera unha infracción, conducir cando se lle retirara o permiso de conducir.
Estes feitos tan arrevesados teñen a súa orixe o 16 de setembro. A Policía Local denunciou pola vía administrativa a un individiu que deu positivo na proba de alcholemia mentres conducía un vehículo. Cando os axentes tiñan intención de inmobilizalo o coche para que non conducise en estado bébedo un amigo ofreceuse a conducir el.
A Policía Local comprobou que este amigo daba negativo no test de alcoolemia e este ensinoulles que tiña carné de conducir, de modo que se fixo cargo do coche e abandonou o lugar da denuncia, a rúa Cobián Roffignac, ao volante.
Os feitos quedaran nunha denuncia, pero o condutor bébedo presentou un recurso de alegación para intentar recurrila. Neste momento volveu aparecer en escena o seu amigo. Presentou unha declaración xurada na que aseguraba que nunca conducía alcoólica nin subía no coche de ninguén que tivese bébedo, para soster que a condución alcohólica do seu amigo fora meramente circunstancial.
Cando o escrito chegou á Xefatura da Policía Local, os axentes comprobaron a súa identidade e descubriron que o día anterior aos feitos en cuestión, o 15 de setembro, este home fora interceptado por unha patrulla conducindo cunha taxa de alcoolemia máis de tres veces superior á permitida.
Ademais, daquela comprobárase que lle retiraron o carné de conducir durante un ano por perda de puntos. O ano xa pasara, pero para volver conducir debía pasar un curso de reeducacción vial. A Policía Local non lle denunciou o 15 de setembro por conducir sen carné porque non lle chegara a notificación de Tráfico de que debía facer ese curso, pero si lle comunicou que dende ese momento non podía conducir.
Ao día seguinte foi cando colleu o coche do seu amigo porque estaba ebrio. Conduciu ao día seguinte de que lle comunicasen que non podía facelo, de modo que foi denunciado ante o xulgado por levar un coche sen permiso.