Localizan na estación de tren de Vigo a dous menores fuxidos de Vilagarcía
Por Redacción
A Policía Nacional localizou en Vigo dous adolescentes que levaban cuato días fuxidos dun centro de menores de Vilagarcía de Arousa.
A desaparición dos rapaces, de 14 e 15 anos, denunciouse o venres 23 de novembro e foron localizados na tarde deste martes 27 de novembro na estación de tren de Guixar, en Vigo.
A denuncia coa súa ausencia e as súas fotos foran distribuídas a todas as Forzas de Seguridade, de modo que unha dotación da Policía Nacional que se encontraba patrullando pola estación os recoñeceu e procedeu a identificalos.
A Policía Nacional non ten competencia en materia de menores, de modo que deu alerta á Policía Autonómica para que se fixesen cargo dos adolescentes. Trasladáronos de novo a Vilagarcía para que reingresen no centro do que se fuxiran.