Cambios de sentido en Palamios e o ámbito da desembocadura do Gafos
Por Alejandro Espiño
O Concello de Pontevedra realizará unha serie de cambios na circulación de varias rúas da zona suroeste da cidade. O máis rechamante producirase na rúa Palamios. O goberno municipal decidiu facer definitivo a modificación que se produce nesa zona todos os anos con motivo das Festas da Peregrina.
Co corte de Raíña Vitoria, elimínase o habitual dobre sentido. Non se pode circular dende Rosalía de Castro en dirección á desembocadura do Gafos e as Corbaceiras, para permitir que os condutores que chegan dende San Roque ou a Ponte da Barca poidan acceder ata o centro urbano por Palamios e Campolongo.
A partir de agora ese cambio farase definitivo, ante os problemas de seguridade detectados en Palamios ao ser unha rúa estreita e aceptar o dobre sentido.
Ademais, na rúa denominada como Ribeira dos Peiraos, situada na desembocadura do río dos Gafos tamén produciranse cambios na circulación rodada. Inverterase o seu sentido e agora circularase en sentido cara á rúa Palamios.
Na rúa paralela, na marxe esquerda do río, onde está a sede da confraría de pescadores San Telmo suprimirase o dobre sentido. Por ela só se poderá circular para saír á Avenida de Marín. Segundo Bará, á espera dunha reforma urbana "máis ampla", suprimiranse tamén os aparcadoiros que están pegados ao río e manteranse as prazas que están situadas ás portas dos edificios.
Nun futuro, o Concello de Pontevedra pretende habilitar unha nova varanda protectora para o río Gafos en toda esta zona.
Con todos estes cambios, abertos a modificacións posteriores se se detectan disfuncións, o goberno municipal espera que se mellore toda a mobilidade nunha zona que, recoñecen, "non está ben tratada".
Relacionadas:
-
Queda restablecido o tráfico no ámbito da Alameda tras os cambios das Festas da Peregrina
Por Redacción |
-
Póñense en marcha os cambios de dirección de tráfico na zona de San Roque de Abaixo
Por Redacción |
-
Os pasos de peóns elevados en Raíña Vitoria e Alameda, despois das festas
Por Alejandro Espiño |