Afectados polas obras do AVE bloquean os traballos para esixir máis seguridade
Por Redacción
Tras ano e medio de obras para adaptar as vías do tren á chegada do AVE, os veciños dos barrios da Parda e Eduardo Pondal estalaron. "Nos tienen amargados", asegura Eduardo. El foi un dos afectados que este luns intentaron paralizar os traballos. Lográrono durante unha hora e media, bloqueando cos seus vehículos o vial polo que entran e saen das inmediacións da estación os camións da empresa que executa as obras.
Os veciños aseguran que os obreiros "no cumplen ninguna normativa", especialmente en materia de seguridade. "Los camiones entran y salen a gran velocidad, no se cortan un pelo", afirma este voceiro. "Les da igual que pase una señora mayor o un niño por la acera". E a iso engade que "cierran la calle a su antojo, no ponen vallado alguno ni señalización" co perigo de que "un día choque alguien contra una de las excavadoras que dejan en el camino".
Pero nin isto nin os ruídos que xeran ao traballar de noite, a gota que encheu o vaso da paciencia veciñal son as habituais poeiras que provocan coas obras. "Lo único que pedimos es que rieguen a menudo, porque están trabajando con excavadoras y levantan mucho polvo", explica Elvira Rodríguez, outra das afectadas. "Vienen con un tractorcillo riegan un poco y a los veinte minutos ya se levanta todo".
Os afectados insisten en que "no podemos seguir viviendo así", especialmente coa calor do verán. Sinalan que todo o barro está "inundado" co po que ocasionan as obras e as súas casas teñen que estar completamente pechadas para evitar que entre nelas. "Y si sales, acabas con problemas de garganta y ojos irritados. Hay mucha gente con problemas de corazón y con este calor y el polvo casi no son capaces de respirar", lamentan os veciños.
Entenden que as obras teñen que seguir, pero piden que se extremen as precaucións, que se apliquen máis medidas de seguridade e que se regue a zona de forma continua para evitar que se levanten estas molestas poeiras. Un compromiso que, tras acudir a Policía Local á zona, lograron arrancar da empresa, quen ata agora, denuncian, "no habían dado la cara y nosotros ya no sabíamos con quién hablar".
Ademais, informáronlles que, a partir de mañán, asfaltarase a rúa Otero Pedrayo, o que agardan que axude a limitar as poeiras.
Esperan que a empresa cumpra co prometido ou avisan que volverán mobilizarse para defender os seus dereitos. Neste sentido, destacaron tamén que xa presentaron "numerosos escritos" no concello para que dende as concellarías competentes se inste ao Ministerio de Fomento e á compañía que executa os traballos para que cumpran cos obrigados requisitos de seguridade e os debidos controis ambientais.
Relacionadas:
-
Afectados polas obras do AVE en Barro esixen solucións a ADIF e Fomento
Por Redacción |
-
Bará avanza que as obras do AVE finalizarán en cuestión de días e lamenta as molestias causadas
Por Redacción |
-
Restricións en Otero Pedrayo ata o venres por traballos de pavimentación
Por Redacción |
-
Queixas polas vibracións derivadas das obras nocturnas do AVE na estación de trens
Por Redacción |