Deputación investirá 62.000 euros na instalación dunha EDAR en Taboadelo
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra acordou adxudicar, na súa última xunta de goberno, á empresa Narom SL a obra de instalación dunha EDAR en Taboadelo (Ponte Caldelas). Investiranse neses traballos 62.335 euros e teñen un prazo de execución de tres meses.
A obra consistirá na instalación da citada EDAR e na construcción de 1.600 metros lineais de colectores que completarán a rede de tubaxes e sumidoiros de Taboadelo. O traballo acada un presuposto total de 90.000 euros, dos que 62.000 serán aportados pola institución provincial.
Neste mesmo lugar xa se executara en 2006 e 2007 unha primeira fase, cunha inversión de 60.000 euros, con cargo ao Plan de Saneamentos.
Coa esta medida, o Concello de Ponte Caldelas busca contribuír á rexeneración de augas residuais en pequenas comunidades, reducir ao máximo á contaminación e, dese xeito, protexer o medio ambiente e a calidade de vida dos veciños.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas prevé que a EDAR de Taboadelo estará funcionando a principios de 2015
Por Redacción |
-
Augas de Galicia pasa a xestionar a depuradora de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Inícianse as obras do colector Baltar - Xustáns
Por Redacción |
-
O saneamento de Taboadelo finalizará este ano
Por Redacción |