En Ponte Caldelas ya se pueden hacer cambio de domicio de los vehículo sen ir a Tráfico
Por Redacción
Os veciños de Ponte Caldelas poderán tramitar dende o Concello o cambio de domicilio do seu permiso de circulación (para os efectos do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica) e no seu permiso de condución. Polo tanto, xa non será necesario, como ata agora, que se despracen á Xefatura de Tráfico en Pontevedra. O proceso será gratuíto e só é necesario que o cidadán cumpra unha solicitude no Concello ao mesmo tempo que fai a súa solicitude de empadroamento. O Concello remitirá esa solicitude á Xefatura de Tráfico para que se proceda á actualización do Rexistro de Vehículos e Condutores.
O Concello de ponte Caldelas aprobará no próximo pleno que se celebrará o xoves a adhesión ao convenio de colaboración subscrito pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e a Dirección Xeneral de Tráfico para unha mutua colaboración administrativa.
Desta forma a Dirección Xeral de Tráfico entre outras colaboracións poñerá a disposición do Concello, durante a primeira quincena de cada mes, as variacións producidas no mes anterior correspondentes aos vehículos sempre que teñan transcendencia tributaria para a xestión do IVTM, fomentando na medida que sexa posible que a comunicación se realice mediante a utilización de sistemas telemáticos.
O Concello pola súa banda entre outras funcións, solicitará cada vez que unha persoa se empadroe no municipio, a cumprimentación do modelo de solicitude de duplicado por cambio de domicilio do permiso de circulación ou do permiso de condución, ou no seu caso incluír no modelo oficial establecido para o efecto de solicitude de certificado de empadroamento unha casa que o cidadán poida riscar coa lenda seguinte: "autorizo o Concello de ponte Caldelas a que comunique á Xefatura Provincial ou Local de Tráfico o cambio de domicilio do meu permiso de circulación ou de condución".
O Concello comunicará á Xefatura Provincial ou Local de Tráfico correspondente ao seu ámbito territorial os cambios de domicilio nun prazo máximo de dez días hábiles dende que teña entrada a solicitude.
Con este convenio agora os cidadáns poderán facer xa todos eses trámites no propio Concello á vez que se empadroan. Pero o acordo refírese exclusivamente ao cambio de domicilio do vehículo pero non a outras transferencias relacionadas coa titularidade do vehículo que terán que seguir realizándose en Tráfico.