A actividade na fábrica de Tafisa manterase ata setembro
Por Oskar Viéitez
Este luns día 28 de xullo celebrouse a primeira reunión da comisión de seguimento de aplicación do ERE de extinción na fábrica de Tafisa en Ponte Caldelas, segundo o acordo conseguido e aprobado na negociación do expediente de extinción para todo o equipo.
A empresa comunicou á representación dos traballadores que xa contratou a empresa GRI, unha axencia de colocación que se encargará de cumprir co plan de acompañamento social e a recolocación externa nos termos referidos nas anteriores reunións.
Dende Tafisa xa trasladaron a esta axencia o detalle dos traballadores que manifestaron a súa vontade de acollerse a ese plan. Está prevista xa unha primeira reunión con eles nos próximos días.
Dende o comité de traballadores trasladaron o seu malestar polo feito de que se estea a producir na factoría de Ponte Caldelas.
A empresa manifestou que se está a realizar o proceso de desmantelamento da factoría, tal e como foi comunicado á autoridade laboral, e en canto ás tarefas ás que se refiren os representantes do comité, aseguran que son labores de valorización do stock de materias primas existentes.
Estes labores iniciáronse unha vez que estiveron as máquinas preparadas. A valorización realizarase ata a finalización do stock de materias primas existente, en principio, finais de setembro de 2014. Se entrase materia prima nova, sería ilegal.
Dende a empresa pediron discreción sobre a posibilidade de que novos investidores contraten carga de traballo para a planta de Ponte Caldelas. Recoñeceron que existen negociacións abertas pero que, entre outras condicións, é necesario que estas se manteñan con certa reserva.
Relacionadas:
-
O Igape recibe os ex traballadores de Tafisa, pero recoñece que a solución é moi difícil
Por Redacción |
-
Na procura dun socio inversor para as instalacións de Tafisa
Por Redacción |
-
Que sucede dentro da nave de Tafisa?
Por Anxo Lourido |
-
Acordo para o peche de Tafisa despois de 22 horas de xuntanza
Por Redacción |