Colas de mozos formados para conseguir unha bolsa do Plan de Práctica Laboral da Deputación
Por Redacción
A un día de que remate o prazo para a presentación de solicitudes ao Plan Práctica Laboral da Deputación de Pontevedra para o ano 2014 un total de 1.246 licenciados, graduados ou diplomados presentaron xa a documentación para optar a contratos en empresas da provincia.
A medida que se achega o fin do prazo, este luns creáronse colas no Pazo Provincial para presentar as solicitudes e van xa 1.246 as presentadas. Os mozos optan a un traballo da súa especialidade profesional nun total de 903 empresas da provincia.
Unha vez rematado o prazo de inscripción este martes 29 de xuño, procederáse á selección dos candidatos, na que se dará sete puntos ao currículo ou expedente académico e ata tres á a entrevista sobre o currículo e coñecementos relacionados coa titulación.
En función da puntuación final, cada bolseiro elexirá a empresa na que desexe realizar prácticas. O traballo na empresa comenzará o 1 de outubro e durará un ano. Os licenciados, graduados e diplomados percibirán 800 euros ao mes e os que teñen ciclos superiores, 700 euros.
As titulacións académicas máis demandadas polas empresa foron Administración de Empresas (46), Administración e finanzas (38), Xestión Comercial e Márketing (17), Informática (12), Publicidade e Relacións Públicas (12), Relacións Laborais e Recursos Humanos (11), Arquitectura (8), Arquitectura Técnica (11), Aplicacións Multiplataforma (7) e Producción por Mecanizado (7).
Das empresas que se inscribiron para a edición 2014, de Vigo hay 160; de Pontevedra, 78; de O Salnés, 49; de Deza, 44; de O Morrazo, 23; de Caldas, 18; de Baixo Miño, 15; de Tabeirós-Terra de Montes, 10; e da comarca de O Condado-A Paradanta, tres.
Relacionadas:
-
Mozos titulados: vaian preparando os papeis, arranca un novo plan de prácticas laborais
Por Oskar Viéitez |
-
400 empresas daranse cita na Deputación para contratar o seu bolseiro
Por Redacción |
-
Preto de 500 bolseiros escollen empresa para traballar durante un ano
Por Oskar Viéitez |
-
2.500 mozos inscríbense no plan práctica laboral da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
647 mozos aspiran a ser contratados en empresas a través do Plan de Práctica Laboral da Deputación
Por Redacción |
-
Os bolseiros axudan a mellorar as convocatorias de prácticas laborais da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
Ábrese o prazo para que os bolseiros presenten solicitudes ao Plan Práctica Laboral da Deputación
Por Oskar Viéitez |