Nova directiva da Sociedade Cultural e Deportiva Mourente
Por Redacción
Logo de tres convocatorias un grupo de socios fanse cargo da Xunta Directiva
Na Asamblea Xeral Extraordinaria celebrada o pasado domingo día 25 de Novembro, o Presidente saínte José Ribadulla Peón agradeceu a todos a colaboración e animou a levar adiante a tarefa de rexir esta Sociedade con maior ilusión.
A Nova Xunta Directiva está composta, entre outros, por José Rodriguez Ortigueira como presidente, José Luis Coto, vicepresidente ou Manuel Piña, tesoureiro.
Esta entidade leva 53 anos de traballo, facendo actividades culturais e deportivas nas que destacan os bailes con música en vivo, ou os obradoiros variados como costura, francés, bolillos, pintura, inglés.
Tamén teñen ximnasia e clases de baile de salón. E presumen do grupo de teatro Xenio, que leva constiuido mais de trinta anos e organiza o Ciclo de Teatro que se fai no seu local social.