Atropelado un ciclista na rotonda de Lérez
Por Redacción
Un ciclista resultou ferido este domingo Pontevedra tras sufrir un atropelo cando circulaba pola rotonda de Lérez.
Segundo informou a Policía Local de Pontevedra a vítima, de 77 anos, coas iniciais J.P.O. foi evacuada en ambulancia ao Hospital Montecelo. Nun primeiro diagnóstico as lesións tiñan carácter leve.
O suceso tivo lugar en torno ás 10,30 horas na rotonda da rúa Médico Ballina coa avenida de Compostela, a N-550 e o vial de acceso a Monte Porreiro.
Desde o servizo de urxencias de Galicia 112 mobilizouse a Urxencias Sanitarias, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Falece un ciclista atropelado por unha furgoneta na Autovía de Marín
Por Redacción | Creada e actualizada