Denuncian en Bruxelas o "comportamento abusivo" de Audasa polos atascos na AP-9
Por Redacción
A deputada do PNV no Parlamento europeo e representante na eurocámara de Compromiso por Galicia, Izaskun Bilbao, vén de presentar unha iniciativa para buscar a implicación da Comisión Europea na resolución dos atascos que se producen, especialmente en cada verán, na AP-9.
O secretario de Iniciativas Políticas no Parlamento Europeo, Paulo Carlos López, cre que "ante a falta de resposta das autoridades locais, cómpre solicitar a Bruxelas unha resposta europea contra un abuso que afecta aos dereitos dos usuarios como consumidores, á seguridade vial, ao consumo enerxético e ás emisións de gases de efecto invernadoiro".
A eurodeputada Bilbao Barandica preparou o contido da pregunta na xuntanza que mantivo cos galeguistas con motivo do Día Nacional de Galicia, onde, segundo Paulo Carlos López, "puxéronse as bases do mecanismo que permitirá á nosa organización presentar as iniciativas dos galegos e das galegas no Parlamento europeo".
Izaskun Bilbao describe na pregunta que dirixiu á Comisión Europea o problema recorrente da autoestrada galega e achaca os atascos á pouca previsión. "O principal problema, enfatiza a eurodeputada, xérase pola escaseza das cabinas de peaxe en puntos críticos como a que conecta coa autovía do Salnés, punto determinante para o acceso ás zonas turísticas como Sanxenxo ou O Grove. As retencións son tan notables que perturban o tráfico transfronteirizo entre España e Portugal".
De igual modo, Bilbao alerta na súa iniciativa sobre o comportamento de Audasa, "que deixa moito que desexar a respecto das condicións da AP9 e a respecto dos dereitos dos usuarios, que carecen dunha resposta da Xunta de Galicia, do Goberno do Estado e que deben aboar unha peaxe por un servizos que non se prestan". Para Paulo Carlos López, o que se pretende con esta iniciativa é "que a UE interveña para corrixir o compartamento abusivo de Audasa".
Relacionadas:
-
Fomento amenaza a Audasa con retirarlle a concesión da AP-9 se se reiteran os problemas
Por Alejandro Espiño |
-
Fomento abre expediente a Audasa polas "retencións inxustificadas" na autoestrada AP-9
Por Redacción |
-
O BNG esixe a Fomento que sancione a Audasa polos atascos na AP-9
Por Redacción |
-
Unha avalancha de coches colapsa os accesos ás praias
Por Redacción |
-
Atascos quilométricos nos accesos ás praias
Por Redacción |
-
Os veciños Vilaboa indignados coa actuación de AUDASA
Por Oskar Viéitez |
-
Non pagar a peaxe da autoestrada AP-9 a Audasa non implica sanción de Tráfico
Por Alejandro Espiño |