Atascos quilométricos nos accesos ás praias
Por Redacción
A autopista AP-9 rexistrou este venres retenciones quilométricas en puntos como a peaxe de Curro, que conecta coa autovía do Salnés ou nos accesos a O Morrazo.
Miles de condutores víronse atrapados nos seus vehículos ante a ineficiencia amosada pola concesionaria da AP-9 para xestionar o incremento de vehículos en circunstancias tran previsibles como son a coincidencia dun festivo no verán.
As caravanas, cunha hora de duración, non evitaron que Audasa seguise cobrando a peaxe, pois en ningún momento levantáronse as barreiras.
Superado o escollo da autopista o problema volveu repetirse ao comezo da vía rápida entre Sanxenxo e O Grove, o tramo da Autovía do Salnés, pendente de desdobrar.
A situación non era moito mellor pola estrada da costa a PO-308, onde os núcleos de Combarro ou o paso por Sanxenxo frea o avance do tráfico.
Ante circuntancias como esta, que se repiten con demasiada frecuencia o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, animou esta semana aos usuarios da AP-9 a presentar queixas á empresa concesionaria.
"Comprendemos que puede haber retenciones de tráfico, pero no que se produzcan por la propia actitud de la empresa que lo tiene que solventar; nos sorprende que la empresa provoque los atascos al habilitar escasas cabinas de peaje cuando se sabe que la demanda se va a incrementar", dixo o presidente do Executivo galego.
Segundo Feijóo, "que la concesionaria provoque los atascos es algo que no podemos aceptar ni como gobierno que representa a unos usuarios ni como ciudadanos que vivimos en una comunidad en la que pagamos todos los días por recorrer la AP-9".
Relacionadas:
-
Primeiras retencións do ano na peaxe de Curro na ruta cara ás praias
Por Redacción |
-
O BNG esixe a Fomento que sancione a Audasa polos atascos na AP-9
Por Redacción |
-
Unha avalancha de coches colapsa os accesos ás praias
Por Redacción |
-
Denuncian en Bruxelas o "comportamento abusivo" de Audasa polos atascos na AP-9
Por Redacción |