Louzán: "Antes de prohibir os touros hai outra vía que é dialogar"
Por Oskar Viéitez
"Antes de prohibir os touros hai outra vía que é dialogar", deste xeito respostou o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, á reclamación dos colectivo antitaurinos para que se supriman as touradas.
Na rolda de prensa habitual tras a xunta de goberno, adiantada a este xoves, Rafael Louzán, respondeu ás preguntas dos xornalistas sobre as peticións das asociacións abolicionistas, dicindo que "as cuestións que están prohibidas e as que non, están establecidas na lei".
A xuízo de Louzán "algúns pretenden facer deste tema bandeira política, e dáme a impresión de que non lles debeu ir ben".
Louzán non ocultou que a súa opción persoal é partidaria da celebración das corridas de touros e comparou estas demandas coas daqueles "que piden a supresións das axudas aos clubes de futbol". En ambos os dous casos sinalou que "antes de prohibir hai outra vía que é dialogar".
Relacionadas:
-
Unha cadea humana e unha manifestación contra as touradas en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Abolicionistas advirten do descenso de asistencia ás touradas en Pontevedra
Por Redacción |
-
Fóra Touradas de Pontevedra solicita á Deputación que informe sobre o financiamento público ás corridas
Por Oskar Viéitez |
-
Colas para o tendido de sombra
Por Oskar Viéitez |
-
Piden que Pontevedra se declare cidade antitaurina e que se estude a expropiación do coso de San Roque
Por Alejandro Espiño |
-
Propoñen a reconversión da praza de touros en "centro cultural e de emprendemento"
Por Oskar Viéitez |