O peche da empresa Lougar deixa na rúa a 30 persoas
Por Redacción
Trinta persoas quedan na rúa polo peche da empresa Lougar en Caldas de Reis.
Lougar S.L. é unha fábrica de mobles para cociñas e baños que ata o ano 2010 presentaba balances positivos.
A secretaria comarcal da Federación do Metal, Construción e Afíns de UGT, Lourdes Diz, informou da presentación deste ERE de extinción. Algúns dos operarios incluídos nesta medida xa pactaron a rescisión dos seus contratos coa firma.
Segundo os datos que ofrece a Federación de Empresas de Carpintería e de Ebanistería de Galicia (Fegeg) perdéronse 3.800 empregos desde 2008.
Na actualidade, máis de 8.000 familias viven en Galicia deste sector, fortemente tocado pola crise económica debido, din, á súa dependencia da construción.