Deporte e arte urbano volven unirse nas pistas de Campolongo con 'Apadriña Jam'
Por Redacción
Tres mozos levan cinco anos organizando un evento que chega a reunir 3.000 persoas, entre espectadores e participantes, ao longo de todo o día nas pistas de Campolongo. Estes mozos, Rodrigo Roel, Daniel Dios e Jorge García, decidiron cambiar o nome desta cita deportiva e artística. Antes era 'Apadriña un Little' e agora denomínase 'Apadriña Jam'. "Es solo para acortarlo", afirman.
E é que o concepto segue sendo o mesmo reunir este sábado 26 de xullo a preto de 300 participantes nas pistas da urbanización pontevedresa para xogar ao baloncesto, realizar acrobacias co skate ou plasmar a arte urbana dalgúns dos mellores graffiteros de Galicia.
Para o torneo de baloncesto 3 x 3 xa hai apuntados 24 equipos que competirán sen árbitros mediando. O campionato de skate contará nesta edición cun premio libre para que os máis novos poden contar coa oportunidade de levarse o galardón.
A exhibición de graffiti contará coa presenza dalgúns dos mellores artistas murais de Pontevedra, Vigo, Santiago e A Coruña. A organización establece tamén un muro libre, que permite que os menos expertos tamén poidan deixar a súa pegada.
As actividades comezan ás 10.30 cun descanso entre as 14.00 e as 16.00 horas para concluír a última hora da tarde. O obxectivo, segundo os organizadores, é "fomentar el buen rollo".