Ponmo chega en setembro coa intención de trasladar a moda ás rúas

Por Redacción
A Ponmo Pasarela para mostrar os traballos de deseñadores consagrados e tamén de creadores emerxentes nos Xardíns de Vicenti será un dos principais atractivos de Ponmo Moda 2014 que se desenvolve durante o sábado 26 e o domingo 27 de setembro, un festival de moda que quere trasladar á rúa todo o que ten que ver con este sector industrial e económico.
Pero hai varias citas máis dentro deste evento como o Ponmo Fly Store, un showroom de deseño, que contará coa participación de creadores que mostrarán as súas novas propostas; o certame Mara Ponmo Novo con deseños de noveis e a intervención dun xurado que seleccionará a mellor microcolección.
Ademais continuarán desenvolvéndose actividades paralelas como Ponmonarúa, Ponmonoite e unha expo, coa intención de levar a roupa a rúas como Rosalía de Castro.
A imaxe da edición deste ano céntrase en globos brancos, segundo explicou o fotógrafo Marcos Suárez, para ofrecer a idea de volatilidade. Ademais, elaborouse un vídeo, a través da produtora pontevedresa 'El espejo mágico', de promoción desta segunda edición.
Relacionadas:
-
Comeza Ponmo co desfile de comerciantes en Rosalía de Castro
Por Mónica Patxot |
-
O deseñador guipuscoano Ion Fiz será o padriño da segunda edición de PONMO
Por Redacción |
-
A praza da Ferrería acollerá o desfile central da segunda edición de PONMO
Por Diego Espiño |
-
Promoción Económica calcula que os congresos deixarán este ano 2 millóns de euros na cidade
Por Diego Espiño |