Gonzalo Durán, tras seren acusado de prevaricación: "Estoy tranquilo y contento. Ahora podré defenderme
Por Redacción
O alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, asegura que está "no solo tranquilo, sino contento" tras coñecer que a Fiscalía presentou unha querela contra el por un suposto delito de prevaricación. Acúsao de diversas irregularidades na contratación de persoal entre os anos 2009 e 2012, achacables directamente á súa xestión á fronte do goberno municipal.
Gonzalo Durán afirma que "por fin a partir de ahora podré contar con la presencia de un abogado y citar a testigos que le digan al juez lo que realmente ocurrió". Entende que ata agora só se escoitou o que dixeron os socialistas. "Y ya estaba harto", sinala.
"No es la primera vez que el PSOE me denuncia. Y siempre le sale gratis. En una ocasión hasta me acusaron de haber matado a una niña", comenta, en relación ao caso de Aldara Somoza, falecida tras caerlle encima o guindastre dunha obra e que o xuíz considerou un "desgraciado accidente".
O rexedor municipal asegura ter documentación que rebate a suposta irregularidade dos contratos denunciados. "Llevaba meses esperando este momento para poder presentársela al juez, porque hasta ahora el proceso habrá sido legal, pero conmigo no ha sido justo", conclue.
Acúsaselle de 61 contratacións irregulares
Fontes da Fiscalía de Pontevedra confirmaron que, tras tomar declaración ao alcalde o pasado mes de outubro, Juan Carlos Aladro decidiu formalizar a querela contra el en base á denuncia presentada en xullo polo exdiputado socialista Modesto Pose, quen sostiña que Gonzalo Durán supostamente realizara 61 expedientes de contratación irregulares durante os tres últimos anos.
Segundo a denuncia presentada polos socialistas e agora asumida pola Fiscalía, o alcalde de Vilanova de Arousa fixo caso omiso aos reparos expostos tanto polo secretario como o interventor do Concello, quenes advertiron por escrito do incumprimento das normas de contratación en 61 expedientes, á vez que urxían a suspensión dos procesos.