Tras A Illa e Ribadumia, Vilanova: terceira farmacia atracada no Salnés
Por Redacción
A farmacia de Caleiro, en Vilanova de Arousa, sumouse ao reguero de farmacias vítimas de atraco na comarca do Salnés rexistrado na última semana. Antes foron A Illa e Pontearnelas (Ribadumia).
Unha das propietarias da farmacia, Mercés Castro Pouso, relatou que, do mesmo xeito que sucedeu nas dúas farmacias anteriores, foi atracada por un home armado cun coitelo de grandes dimensións e a cara semitapada cun gorro calado e a roupa subida ata o nariz.
"Estaba mi hermana sóla. Un hombre entró por la puerta y dijo que era un atraco. Ya sabíamos que había pasado lo de A Illa y Pontearnelas, pero aún así al principio mi hermana incluso pensó que era una broma, pero se acercó a la caja y le enseñó el cuchillo", indica.
No momento do atraco a súa irmá estaba sóla na tenda, pero había dous traballadores facendo obras na parte traseira da farmacia. O atracador empuxouna cara á trastienda, ela "le dijo que cogiese lo que quisiese, pero que a ella no le hiciese nada" e nese momento avisou aos obreiros.
Ao darse conta de que non estaban sos no establecemento, o atracador acelerou os seus pasos. "Abrió la caja y cogió todo el dinero", díxolles "que nadie salga hasta que me vaya yo" e saiu pola porta.
Segundo Mercés Couso, levou máis de 400 euros. Tanto a súa irmá como os dous traballadores saíron rapidamente tras o atracador, pero "miraron hacia todos los lados y no vieron nada", así que sospeitan que "seguro que había otra persona esperándole en un coche para escapar".
Do mesmo xeito que sucedeu nos outros atracos, todo sucedeu moi rápido, "entró, cogió el dinero y se fue", en apenas un par de minutos. Outra coincidencia é que as farmacias están situadas en vías principais de comunicación de fácil acceso e fuxida en coche.