Ponte Caldelas mellora o acceso ao cemiterio municipal
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas acaba de finalizar os traballos de reparación do vial de conexión entre a Igrexa de Santa Baia e o cemiterio municipal, dentro do plan de mantemento de estradas e camiños de titularidade municipal que leva a cabo esta administración local.
Os traballos consistiron na limpeza e reparación do firme, con eliminación de fochas e defectos do pavimento producidos polo uso intensivo que recibe este vial debido a que é o que dá acceso ao cemiterio municipal e é por onde circulan os vehículos que acompañan os servizos fúnebres durante os enterros, ademais do tráfico normal dos automóbiles que trasladan ás persoas que visitan o camposanto.