Os bolseiros axudan a mellorar as convocatorias de prácticas laborais da Deputación
Por Oskar Viéitez
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, valorou positivamente o funcionamento da primeira experiencia dun ano de traballo para 400 mozos da provincia no ámbito da administración local. Louzán reuniuse cun grupo de bolseiros que participaron no programa.
Hai apenas un mes que remataron os seus contratos e agora chegou o momento de analizar a iniciativa para corrixir algúns aspectos que poden ser mellorados ou potenciar aqueles outros que ofrecen bos resultados de cara a futuras convocatorias.
Louzán recordou que agora mesmo está en marcha a segunda fase deste exitoso plan de práctica laboral en empresas. Unha multitude de mozos acoden estes días ás oficinas da institución provincial para aspirar a unha das 400 bolsas.
"Vexo positivo que isto se poida trasladar a outras provincias", afirmou Oscar, que traballou como arquitecto no Concello de Cangas. "Este plan posibilita que a xente nova poida traballar aquí e non teña que marchar fora".
"Foi unha experiencia positiva pero moi curta", comenta Carmen, técnico de Medio Ambiente que traballou no Concello de Sanxenxo.
"Eu ainda que non estiven no departamento que correspondía coa miña titulación fixen no Concello de Lalín un pouco de todo e coma experiencia serviume de moito", apunta Alba que coincide nesta valoración con Raquel, que fixo as súas prácticas en As Neves "nun concello pequeno toca facer de todo, e unha limitación, pero tamén é positivo porque se aprende de todo e coñeces polo miudo os problemas dos cidadáns".
Relacionadas:
-
400 empresas daranse cita na Deputación para contratar o seu bolseiro
Por Redacción |
-
Preto de 500 bolseiros escollen empresa para traballar durante un ano
Por Oskar Viéitez |
-
2.500 mozos inscríbense no plan práctica laboral da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
Colas de mozos formados para conseguir unha bolsa do Plan de Práctica Laboral da Deputación
Por Redacción |
-
647 mozos aspiran a ser contratados en empresas a través do Plan de Práctica Laboral da Deputación
Por Redacción |
-
Ábrese o prazo para que os bolseiros presenten solicitudes ao Plan Práctica Laboral da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación de Pontevedra adianta a concesión de 30 bolseiros a empresas do sector turístico
Por Oskar Viéitez |
-
Preto de 1.000 empresas optan ao plan de práctica laboral da Deputación
Por Redacción |