Os tres mariñeiros de 'Elcano' foron detidos por tráfico de drogas por unha orde emitida dende Estados Unidos
Por Redacción
Tres mariñeiros da tripulación do buque-escola da Armada 'Juan Sebastián Elcano' foron detidos en Marín acusados de tráfico de drogas, en concreto por comprar supostamente 20 quilos de cocaína en Colombia e vendela posteriormente en Nova York.
Fontes xudiciais informaron que os tres mariñeiros foron detidos sobre a base dunha orde internacional emitida dende Estados Unidos. Os arrestos producíronse o pasado domingo á chegada do barco á Escola Naval Militar de Marín, na finalización do 85 cruceiro de instrución, para asistir aos tradicionais actos castrenses do 16 de xullo, día da festividade da Virxe do Carmen.
Supostamente os tres detidos adquiriron a droga durante a súa escala no porto colombiano de Cartagena de Indias entre o 14 e o 19 de abril e despois vendérona a un traficante na cidade de Nova York.
A investigación levou ata os mariñeiros do 'Juan Sebastián Elcano' tras ser detido este traficante por parte da Policía neoyorkina, polo que as autoridades estadounidenses emitiron unha orde internacional de detención.
Polo momento o caso está baixo segredo de sumario, mentres dos detidos se fixo cargo un tribunal militar que aínda non se lles imputou ningún delito aos arrestados porque non concluíu aínda o prazo legal de detención.
Relacionadas:
-
Arquivan a causa xudicial aberta polos 127 quilos de cocaína de Elcano
Por Redacción |
-
Dous mariñeiros máis do Elcano detidos por o alixo de droga que pasou por Marín con destino a Cádiz
Por Redacción |
-
O Juan Sebastián Elcano chegou á Escola Naval de Marín con 127 quilos de cocaína a bordo
Por Redacción |
-
"Welcome back", Elcano e os teus 69 'guardiamarinas'
Por Natalia Puga & Diego Torrado |