Xavier Vence visita Pontevedra para mostrar o apoio "incondicional" do BNG no asunto da 'paga extra'
Por Alejandro Espiño
O voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, mostrou este mércores o apoio "incondicional" da súa formación á decisión do goberno municipal de Pontevedra de aboar unha paga de produtividade aos seus funcionarios, como forma de compensar a paga extra que o Goberno ordenou retirar en 2012. Un complemento que deberán devolver tras a recente sentenza do TSXG, que segundo o nacionalista, ofrece unha interpretación "torcida e política".
Nunha visita institucional ao Concello de Pontevedra, ao que acudiu expresamente para coñecer a situación xurídica deste asunto, Xavier Vence asegurou que está "absolutamente orgulloso" de que se incumprisen as directrices dun goberno que tomaba "ser medidas de recortes inxustas e cuestionadas polo BNG dende o primeiro momento". Buscábase responder, dixo, unha "política de agresión" contra os dereitos dos traballadores.
Ao ter pagado ese complemento para compensar a perda da paga extraordinaria, "buscando fórmulas legais", recordou Vence, o goberno municipal de Pontevedra "demostrou sensibilidade social e o seu compromiso por defender conquistas históricas dos traballadores". Asegurou estar "satisfeito" de que as institucións controladas polos nacionalistas "non se preguen ás directices cuestionables de atacar os traballadores dun xeito tan radical".
Neste sentido, o voceiro nacional do BNG asegurou que "o que non podemos comprender" é que o TSXG revogase o acordo do goberno municipal. Afirmou que a sentenza "non se sostén" a nivel xurídico e acusou directamente o Partido Popular de Pontevedra de ser quen levou este asunto aos tribunais. ÿ "esclarecedor", sinalou Vence, quen sinalou que "a estas alturas deberían estar a pensar na valoración que os cidadáns fan desta utilización política".
Vence agarda que instancias superiores ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia emenden esta sentenza e que haxa un "recoñecemento de que se fixo de acordo coa lei e con total transparencia".
LORES INSISTE NA "PERSECUCIÿN POLÍTICA" CONTRA PONTEVEDRA
Pola súa banda, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores adiantou que os servizos xurídicos municipais están a analizar "todas as posibilidades" para recorrer esta sentenza e facer fronte a unha situación "absolutamente inxusta". Avanzou que o ánimo do goberno municipal é cumprir a sentenza, pero reiterou que é de difícil execución e mostrou a súa esperanza de que non haxa que aplicala na súa totalidade.
Dito isto, Fernández Lores insistiu en defender a legalidade do pagamento deste complemento de produtividade e reiterou que a sentenza do TSXG é "discriminatoria" porque non obriga a devolver o diñeiro a todos os traballadores municipais e porque demostra, dixo, a "persecución política" do Goberno contra Pontevedra porque outros concellos e institucións aprobaron pagamentos similares e non se recorreu ante o xulgado.
"Non sei como se pode defender politicamente", subliñou o alcalde, que se presentase recurso só contra Pontevedra. ÿ "inaudito", dixo, que "se fas ás cousas con transparencia é punible e que o fagas ás agachadas, non". E foi máis alá ao lamentar que a xustiza sexa diferente en Pontevedra, onde o xulgado avalou a tese do Concello, e na Coruña, onde o TSXG sentenciou en contra desta decisión municipal. "Non é serio", concluíu.
Relacionadas:
-
Lores acusa a Moncloa de impulsar unha "persecución política e obsesiva" contra o Concello
Por Alejandro Espiño |
-
O Goberno estuda ampliar a demanda da paga de produtividade a Policía Local e Bombeiros
Por Alejandro Espiño |
-
Lores desvela que dúas sentenzas sen executar pesan sobre o soldo dos funcionarios municipais
Por Oskar Viéitez |
-
O PP exixe "respecto institucional" ao alcalde: "Non queremos que usurpen as instalacións de todos"
Por Redacción |
-
Fernández Lores: "Moreira só está defendendo os intereses do seu partido e facendo méritos para medrar no PP"
Por Redacción |
-
Moreira asegura ser "alleo" o conflito da paga extra e insta a Lores a pagar do seu peto "a desfeita que montou"
Por Redacción |
-
Os sindicatos ven inxusta a sentenza das pagas extra e agardan non ter que devolver o diñeiro
Por Redacción |
-
O TSXG obriga a máis da metade dos funcionarios que cobraron a 'paga extra' a devolver os cartos
Por Alejandro Espiño |